Quizais acudiches algunha vez ao taller de Luis Ferreiro Peinó ou a algunha das súas exposicións. Se cadra non fuches ti e foi alguén da túa familia. Sexa como for, pode que esteas en posesión dalgunha obra do artista lugués. Se ese é o teu caso, gustaríanos que te puxeses en contacto connosco para termos constancia da súa existencia e, se o desexas, para que a incluamos nesta páxina web.
Para iso podes cubrir o seguinte formulario indicando toda a información que coñezas. Tamén podes mandarnos un correo electrónico ao enderezo contacto@luisferreiropeino.gal coa mesma información cá que che pedimos no formulario.
Se tes problemas co envío da imaxe, segue as instruccións dispoñibles máis abaixo.
Problemas co envío da imaxe?
- Se o formulario non che deixa enviar a imaxe, podes achegárnola ao enderezo electrónico contacto@luisferreiropeino.gal.
- Con todo, podes mandarnos igualmente os datos que xa cubriches no formulario: só tes que eliminar a imaxe (en caso contrario, seguirache a indicar que é demasiado pesada).
- Para iso, debes volver facer clic en “seleccionar arquivo” e logo premer en “cancelar” no cadro de diálogo.
- Se todo vai ben, xa a tes eliminada. Se non é así, podes actualizar a páxina e volver cubrir o formulario sen seleccionar ningunha imaxe, ou enviarnos directamente toda a información ao noso enderezo electrónico.