Somos a familia do escultor Luis Ferreiro Peinó: o seu fillo, Xoán, a súa nora, María, e os seus netos, Iago e Brais.

Hai uns anos, cando nos decatamos de que Peinó neste 2021 faría 100 anos, pensamos o que poderiamos facer de cara a divulgar a súa obra. Despois de varias ideas, decidimos abrir un espazo web que permitise poñer a disposición de todo o mundo unha lectura o máis completa posible do que foi Luis Ferreiro Peinó e, especialmente, da súa obra.

Agardamos que este proxecto sexa atractivo e do gusto das e dos visitantes e, con humildade, esperamos que contribúa a manter vivo o pequeno legado deste escultor e tallista lugués.