Esta é a sección perfecta para ler a Peinó en primeira persoa. Moitas destas conversas tiveron lugar con motivo da inauguración das súas exposicións e mostras. Isto permite ver, ao longo dos 23 anos que separan a primeira e a última entrevista, como o artista lugués vai cambiando de ideas sobre a evolución da súa obra e incluso como muda a súa ilusión como escultor. Con todo, hai unha serie de ideas que repite ao longo dos anos: o seu carácter de autodidacta ou o pouco valorado que estaba, na súa opinión, o traballo da arte.


Os artigos reproducidos na páxina web proveñen dos xornais El Progreso, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Hoja del Lunes de Lugo e El Ideal Gallego. Os artigos dixitais de El Pueblo Gallego son obra de dominio público e proveñen de Galiciana. Os artigos de El Progreso do ano 1968 son reproducidos coa licenza Creative Commons. A todos eles agradecemos as facilidades dadas para a súa publicación e reprodución.


Aprende a facer zoom dende ordenador e dende móbil e tableta