Nestes textos os diferentes autores analizan a obra de Peinó. Tras un eloxioso artigo de Trapero Pardo co gallo da primeira exposición individual de Peinó, atopamos un dos máis completos sobre a primeira etapa da súa obra. Os tres seguintes fan referencia á segunda época, a cal gustou entre os críticos que asinan os ditos textos. Despois de deixar o seu labor escultórico, contamos con catro aparicións máis na prensa: dúas antes e dúas despois do seu pasamento. Finalmente, incluímos os artigos publicados tras o lanzamento desta web.


Os artigos reproducidos na páxina web proveñen dos xornais El Progreso, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Hoja del Lunes de Lugo e El Ideal Gallego. Os artigos dixitais de El Pueblo Gallego son obra de dominio público e proveñen de Galiciana. Os artigos de El Progreso do ano 1968 son reproducidos coa licenza Creative Commons. A todos eles agradecemos as facilidades dadas para a súa publicación e reprodución.