Luis Ferreiro Peinó traballou ata finais dos anos 50 nunha empresa de mobles. Unha vez que se estableceu no seu taller do Campo Castelo continuou recibindo encargos de marcos, remates para mobles, moldes para fundición, placas etc. que fixo alternando coa talla de esculturas.
Moitas das placas, talladas por Peinó en madeira e posteriormente fundidas pola empresa Fundiciones Pardo, atópanse na cidade e na provincia de Lugo. As placas en homenaxe a Xoán Montes e José Castiñeira foron deseñadas por alumnado do módulo de Carpintería da Escola Taller do Concello de Lugo no ano 1990, co que Peinó colaboraba como monitor.
Tamén realizou os moldes das letras que indicaban o nome das rúas de Lugo ata finais dos anos oitenta así como o molde en madeira do trofeo dos Lucenses del año que se entregou anualmente dende 1988 pola Asociación Provincial de Radio y Televisión de Lugo.
Esbozo do trofeo entregado nos premios Lucenses del año
1988
Resultado final do trofeo unha vez fundido en bronce
1988

A restauración desta cruz foi realizada poa Peinó. Na fotografía da esquerda vese o proceso no que se empregou pasta de madeira. Na da dereita apréciase o resultado final.