Luis Ferreiro Peinó traballou ata finais dos anos 50 nunha empresa de mobles. Unha vez que se estableceu no seu taller do Campo Castelo continuou recibindo encargos de marcos, remates para mobles, moldes para fundición, placas etc. que fixo alternando coa talla de esculturas.

Moitas das placas, talladas por Peinó en madeira e posteriormente fundidas pola empresa Fundiciones Pardo, atópanse na cidade e na provincia de Lugo. As placas en homenaxe a Xoán Montes e José Castiñeira foron deseñadas por alumnado do módulo de Carpintería da Escola Taller do Concello de Lugo no ano 1990, co que Peinó colaboraba como monitor.

Tamén realizou os moldes das letras que indicaban o nome das rúas de Lugo ata finais dos anos oitenta así como o molde en madeira do trofeo dos Lucenses del año que se entregou anualmente dende 1988 pola Asociación Provincial de Radio y Televisión de Lugo.

Placa na casa de Trapero Pardo
1991
Praza do Ferrol, 6-10, Lugo
Placa que lembra a Asambleia Nazonalista de Lugo (1918)
1988
Hotel Méndez Núñez (Rúa da Raíña, 1, Lugo)
Placa homenaxe ao músico Xoán Montes
1990
Parque de San Roque, Lugo
Vista xeral do lugar
Placa homenaxe a José Castiñeira Pardo, crego e musicólogo
1990
Parque Rosalía de Castro, Lugo
Vista xeral do lugar
Escudo da Fonsagrada empregado nunha placa
Esbozo dunha placa para o concello de Friol
1976
Placa no monumento ao neno
1979
Praza de Ferrol, Lugo

Esbozo do trofeo entregado nos premios Lucenses del año
1988

Resultado final do trofeo unha vez fundido en bronce
1988

Foto de José Luis Tejero publicada en El Progreso (29/02/1988, p. 4).

Esbozo para marco
Resultado final do marco en madeira

A restauración desta cruz foi realizada poa Peinó. Na fotografía da esquerda vese o proceso no que se empregou pasta de madeira. Na da dereita apréciase o resultado final.


Esbozo co escudo do Club Ancares
Esbozo para placa da Guardia Civil
Esbozo de temática descoñecida

Esbozo con detalles para mobles