Renovarse o morir. El artista debe buscar nuevas formas, nuevos estilos. Esta foi a resposta que Peinó deu nunha entrevista sobre o cambio que se producira no seu labor escultórico.
Certamente, trala exposición de 1975, ante a inminente celebración do Bimilenario da cidade de Lugo e na procura dunha escultura máis acorde co seu tempo, o artista evolucionou e comezou a mudar o xeito de plasmar as súas ideas na madeira, coa utilización de formas e liñas máis simples, aproveitamento de ocos, do cóncavo e do convexo, fusión de formas e maior estilización. Mais non deixou de realizar algunhas obras fieis á etapa anterior, como por exemplo Valle Inclán.
Neste período realizou exposicións individuais en 1977, 1980 e 1981 e tamén participou noutras colectivas.
Obra feita co gallo do Bimilenario de Lugo. Nela aparece o escudo da cidade, a praza do Campo, a muralla e a aguia imperial.
¡AS TRES E SERENO!
ca. 1975-1977
Madeira de castiñeiro
9x12x69 cm
JOVEN ESTILIZADA
ca. 1975-1977
Madeira de castiñeiro
10x12x66 cm
Con la cruz a cuestas e Pensador son propiedade de Ángel Patricio Rodríguez Argibay.
Bico foi adquirida pola Deputación para o Museo Provincial de Lugo.
Peinó en varias esculturas trata de la fusión de formas elementales al hacer un solo bloque de dos figuras humanas, como en “O bico” o en “Nai e fillo”. En otras juega con la masa y con la luz, lograda a base de huecos. Y no faltan ejemplos de tallas en las que trata de lograr la pura forma, como en “Joven estilizada”, y, sobre todo, en “Desesperación”, pequeña obra en la que el ritmo lineal expresa bien la idea que el el artista ha querido representar.
José Trapero Pardo en El Progreso (18/12/1977).
Muller con nenos foi adquirida por Francisco Cacharro Pardo.
Boa esperanza foi agasallada por Peinó ao doutor Pardo Ouro co gallo dunha homenaxe á súa figura (1985).
Unha das obras máis emblemáticas da nova etapa do autor e cuxo debuxo apareceu na capa dos catálogos das derradeiras exposicións que realizou.
Cariña de lúa foi adquirida pola Deputación para o Museo Provincial de Lugo.
[Peinó] sabe profundizar en el mordido de la madera para modelar un rostro. “Anguria”, ejecutado con tendencia primitivista, es una visión de fuerza (…).
José Trapero Pardo (op. cit.).
O perfil dunha persoa india americana (pel vermella) válelle a Peinó para representar á raza humana.
Escultura en la que de modo sintético parecen fundirse todos los elementos de la raza humana más que la expresión de una raza concreta.
José Trapero Pardo (op. cit.).
FIGURA I
ca. 1975-1977
Madeira de castiñeiro
12x11x39 cm
FIGURA II
ca. 1975-1977
Madeira de castiñeiro
6x11x43 cm
¿DE DONDE DESCENDE O MONO?
ca. 1978-1980
Madeira de faia sobre madeira tropical
9x9x35 cm
Se as persoas descendemos do mono, de onde descende el?
MOUCHO BURATEIRO
ca. 1975-1977
Madeira
O quefacer artístico de Luis Ferreiro Peinó variou co paso do tempo. Xa non son aquelas figuras heréticas, fondas, aquelas figuras místicas da miña primeira visita. Hoxe o espacio deixa sitio ás formas, os ocos furan a madeira na percura dun espacio comunicativo, dunha nova forma de expresión.
Antón Grande en El Progreso (28/05/1978).
ESCULTURA I
ca. 1978-1980
Madeira de castiñeiro
13x7x48 cm
ESCULTURA II
ca. 1978-1980
Madeira de castiñeiro
9x7x38 cm
FORMAS I
Posterior ao 1981
Madeira tropical, parte posterior castiñeiro
Base madeira tropical
11x7x47 cm
FORMAS II
Posterior ao 1981
Madeira tropical e de castiñeiro
30x9x31 cm
PRIMAVERA
ca. 1975-1977
Madeira de castiñeiro
11x11x45 cm
VIDA
ca. 1975-1977
Madeira de castiñeiro
12x12x45 cm
O autor consegue expresarse con practicamente só unha liña.

A lacra dos incendios inspirou esta obra na que as lapas consomen o país galego.
O PAÍS GALEGO AMENAZADO
ca. 1978-1980
Madeira de castiñeiro
15x15x47 cm
Propiedade de Xulio Xiz
BEETHOVEN
Posterior ao 1981
Madeira de castiñeiro
7x6x15 cm
SIBELIUS
Posterior ao 1981
Madeira de castiñeiro
9x9x20 cm
MÚSICOS
Posterior ao 1981
Madeira de castiñeiro
13x4x19 cm
MÚSICOS
Sen data coñecida
Madeira de castiñeiro
Propiedade de Xulio Xiz
ESTUDIO PARA ROSALÍA
Posterior ao 1981
Madeira de castiñeiro
10x6x18 cm
ROSALÍA DE NOVA
Posterior ao 1981
Madeira de castiñeiro
6x11x28 cm
Ao longo do seu labor escultórico, Peinó realizou varias obras arredor da figura de Valle-Inclán.
A da esquerda é a de maior tamaño e á que dedicou máis tempo. Actualmente é propiedade de Xulio Xiz.
A da dereita ten un tamaño máis reducido e foi adquirida polo Concello de Lugo.
Este busto representa a Ricardo Rodríguez, sobriño de Peinó e propietario da obra.
TÍTULO DESCOÑECIDO
Sen data coñecida | Madeira de castiñeiro | 10x10x21 cm

Estas esculturas representan os deuses do viño. Atópanse na entrada do emblemático Restaurante Ferreirós (Praza do Campo, Lugo) que tanto se bota de menos.
Máis esculturas
As anteriores non son todas as esculturas de Peinó. A través dos catálogos das exposicións en que participou podemos comprobar que son moitas as pezas das cales non posuímos ningunha referencia gráfica. É bastante probable que algún dos títulos que se mostran a continuación corresponda con algunha das esculturas que catalogamos como “título descoñecido”, mais non o podemos asegurar con plena certeza.
Deseguido móstranse os nomes das ditas esculturas ordenados por orde de aparición nos catálogos das exposicións.
- Dente regañado.
- Mujeruca.
- Retrato pra o emigrante.
- O tío cara.
- Subindo.
- Desesperación.
- Catalina.
- Cariño.
- Amore.
- Evasión psicolóxica.
- Exorcista.
- Agarimosos.
- Primavera doble.
- Monada.
- Unión.
- Recordo.
- Os rumorosos.
- Serenidad.
- Flora.
- Fauna.
EXPOSICIÓN INDIVIDUAL 1980-1981
- Escudo de Lugo.
- Primaveral.
- Meditación.