A finais dos anos 50 do século pasado Luis Ferreiro Peinó estableceuse no seu taller do Campo Castelo e comezou a facer esculturas á vez que continuou o seu traballo de tallista cos encargos que seguía recibindo.
A súa actividade escultórica iniciouna cunha obra de tipo figurativo e realista. Os temas máis frecuentes nas súas obras foron os humanos, o compromiso social, Galicia, o mundo onírico e a creación de mundos fantasmagóricos.
Participou en varias mostras colectivas e certames dende 1958, e en 1968 e 1975 realizou as súas dúas primeiras exposicións individuais.
[Peinó] ante un volumen —madera, piedra u otro elemento— descubre esa forma, viéndola de dentro afuera, es decir que adivina en la masa informe lo que en ella le brinda o puede haber de artístico.
José Trapero Pardo nos catálogos das exposicións antolóxicas de Peinó (1980-1981).
Perante este Cristo xuran os novos cabaleiros da Serenísima Orde da Alquitara, da cal Ferreiro Peinó é membro a título póstumo. A obra é propiedade de Sánchez Carro.
Numerosas son las esculturas que Ferreiro Peinó ha realizado a lo largo de su vida dedicada al arte. Por ellas se puede clasificar a este escultor inclinándose ante la expresión, hacia la plasmación de ideas, en lo cual cuenta el contenido más que lo externo.
José Trapero Pardo (op. cit.).
Unha pequena talla en madeira de Peinó, un artesano lugués que Uxío valoraba moito, era humilde, tímido e silencioso. Case non se atrevía a falar con Uxío, quen sempre o animou a seguir traballando e valorando o que facía. Esa talla é unha peza que Uxío comprou. Simbolizaba unha parella do Lugo da postguerra paseando a mansedumbre a pesar das precariedades.
Elba Rei
Esta obra é propiedade da Fundación Novoneyra.
Peinó fixo en serie varias destas pequenas esculturas. Nelas podemos ver representacións costumistas, un corpo espido de muller e unha meiga.

Anterior ao 1968
Madeira de carballo
Foto: Vega (El Progreso)

OU HERENCIA NUCLEAR
Anterior ao 1968
Madeira de castiñeiro, cerdeira e carballo
12x12x26 cm
Ten unha base de realidade, pois a herencia nuclear é a deformación dos corpos, que nacen deformes, cunha cara diferente.
Luis Ferreiro Peinó en La Voz de Galicia (22/07/1982, p. 26).
Un día que no estaba de muy buen humor hice una talla sobre la bomba atómica en donde todas las caras estaban deformes; quería expresar la decadencia humana con la bomba atómica.
Luis Ferreiro Peinó en El Ideal Gallego (27/08/1982, p. 23).
Su arte es también denuncia (…) Deformes, irracionales, cuidadosamente colocadas sobre un monumento… amenazantes. Esto sin embargo no impide que su escultura sea por otra vertiente un canto a la vida, una llamada a la puerta de la paz.
Xesús Manuel Valcárcel en Táboa Redonda (El Progreso, 04/11/1973, p. 11).
Escultura de tipo figurativo e gran tamaño. Representa unha muller que vai cun porco nos brazos para vendelo na feira.
Representa á comunidade dun mosteiro co seu abade rodeado dos monxes.
Adquirida polo Concello de Lugo.

Anterior ao 1968
Madeira
Foto: Vega (El Progreso)
Este tullido es fruto de mi inspiración, tributo a un hombre al que la vida ha deparado dificultades. Pero que no tiene, en este caso, su alter ego en la realidad.
Luis Ferreiro Peinó en La Voz de Galicia (09/06/1970).
En madeira fixo O tolleito, unha peza interesante, na que aproveitando con habelencia as vetas e os ñudos conseguiu unha talla que recorda á Oferente de Asorei.
Xulio López Valcárcel en Sinais na area (2007, p. 9).
Adquirido pola Deputación para o Museo Provincial de Lugo.
A nai Galiza sostén triste as cartas que lle remiten os seus mellores fillos/as que teñen que emigrar na procura dun futuro, moi difícil na propia terra. Os continentes nos que hai emigrados/as están representados na parte posterior da escultura por caras de diversas razas.
Expresa la tristeza de nuestra región al ver marchar sus mejores hijos en busca de trabajo.
Sánchez Carro en Hoja del Lunes de Lugo (18/09/1972).
Una madre a la que sus hijos disgregados escriben cartas desde todos los países.
Xesús Manuel Valcárcel (op. cit.).
Propiedade de Ramón Falcón, subdirector general de Bellas Artes en 1972 e máximo impulsor da Operación “Muralla limpa”.
Dous dos tres pirogravados de Luis Ferreiro Peinó son iguais a estas tallas.
Peinó esculpiu a maioría das obras seguintes empregando as trabes dunha vivenda demolida na Ruanova a finais dos anos sesenta.
Represéntase unha muller embarazada. Catro motivos (un oído xigantesco, unha venda, un paxaro e un único seo) pretenden amosar o engano que a dita muller sufriu por parte dalgún home. Na parte traseira, un demo e unha serpe gozan observando a situación.
SEDUCCIÓN
ca. 1968-1970 | Madeira de castiñeiro | 30x30x135 cm
É un recordo de cando estaba na aldea e falabamos a carón do lume.
Luis Ferreiro Peinó en La Voz de Galicia (22/07/1982, p. 26).
FIGURACIÓNS Á BEIRA DO LUME
ca. 1970-1971
Madeira de carballo
37x30x87 cm
Fraternalmente en su mundo de madera convergen tradiciones ancestrales, poesía mítica, cósmica, con el bagaje de otros elementos. Brujas cabalgando, centauros, machos cabríos; un cíclope mirando desde el fondo de civilizaciones muertas. (…) Imágenes captadas en el humo de alguna lareira, con sabor telúrico, antiguo; con la raigambre popular de nuestra tierra.
Xesús Manuel Valcárcel (op. cit.).
Ás vegadas métolle literatura, por exemplo no “Figuraciós á beira do lume” entra Polifemo, a emigración, cunha cabeza de indíxena de Polinesia, o macho cabrío aludindo ás bruxas galegas, despois diferentes cabezas con bichos que non existen. Aproveito a forma do tronco, e van saíndo cousas moi diferentes.
Luis Ferreiro Peinó en La Voz de Galicia (22/07/1982, p. 26).
SEDE
1971 | Madeira de castiñeiro | 30x30x81 cm
Figura tierna de una aldeana que viene de la fuente.
Xesús Manuel Valcárcel (op. cit.).
Representa á Nai Terra que quere a todos os seus fillos/as por igual. O símbolo do amor que lles ten é o corazón e os fillos/as aparecen esculpidos nas cabezas das distintas razas na parte superior.
Para a ela todos son bos, os brancos, negros, colorados, amarelos, pra ela non hai distingos de razas, todos naceron dela.
Luis Ferreiro Peinó en La Voz de Galicia (22/07/1982, p. 26).
En ocasiones su obra se convierte en la antorcha de un grito solidario.
Xesús Manuel Valcárcel (op. cit.).
Peinó traballaba troncos nos que facía incisións non moi fondas, unha especie de historias narradas en relevo arredor da madeira, con figuras, liñas e sulcos, moi poucas veces con ocos e espazos.
Xulio López Valcárcel (op. cit.).
PÁXAROS, BECHOS E…
ca. 1968-1970 | Madeira de carballo | 30x30x45 cm
IMAXINACIÓN CEIBE
ca. 1968-1970 | Madeira de carballo | 30x30x42 cm
Este clima fantasmagórico, clima del que brota la realidad escultórica de Ferreiro Peinó, cristaliza muchas veces en el enjuiciamiento personal de la historia. (…) Es un enfoque individual del triunfo de la razón, de una liberación de los prejuicios y todas las otras ideas que conmocionaron Francia en 1789.
Xesús Manuel Valcárcel (op. cit.).
LÚA, SATÉLITES, DEUSES
ca. 1970-1975 | Madeira de carballo | 30x30x42 cm
SOÑO
ca. 1970-1975 | Madeira de castiñeiro | 23x23x55 cm
SOÑOS DUN FAMENTO
ca. 1970-1975 | Madeira de carballo | 30x30x50 cm
Es un retablo trájico.
Xesús Manuel Valcárcel (op. cit.).
Y LA VIDA SEGUIRÁ…
ca. 1970-1975 | Madeira de maceira | 24x24x32 cm
Máis esculturas
As anteriores non son todas as esculturas de Peinó. A través dos catálogos das exposicións en que participou podemos comprobar que son moitas as pezas das cales non posuímos ningunha referencia gráfica. É bastante probable que algún dos títulos que se mostran a continuación corresponda con algunha das esculturas que catalogamos como “título descoñecido”, mais non o podemos asegurar con plena certeza.
Deseguido móstranse os nomes das ditas esculturas ordenados por orde de aparición nos catálogos das exposicións.
- Por el mar tenebroso.
- Máscara polinesia.
- Descansando.
- Tomando un neto.
- Vella.
- Abóa con netiño.
- Sereno.
- Friaxe.
- Imploración.
- Colérico.
- Lendo.
- Ofrenda do porco.
- Ofrenda do cordeiro.
- Descanso na labor.
- Esperando un neno.
- Agardando.
- Filosofía.
- Pouca forza.
- Enfadada.
- Door de moas.
- Esperando.
- Unidos.
- Muller con plumacho.
- Primeiras letras.
- Guerreiro.
- Genio del mal.
- Árabes.
- Unión.
- Serenata popular.
- Tiempos pasados.
- Don Quijote.
- Exaltación mental.
- Juvenil.
- Sábado.
- Antidiluviano.
- Asiático 1º.
- Asiático 2º.
- Carabela.
- Socarrón.
- Tregua.
- Avaricia.
- Retranca.
- Romeira.
- Presentación do fillo.
- Romería.
- Fame no mundo.
- Pensando.
- Rey.
- Conquistador.
- Pirómano.
- Chino.