Luis Ferreiro Peinó, no ano 1975 rematou os estudos na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo, na que obtivo o título de Graduado na especialidade de Cerámica. Neses anos realizou varios traballos en escaiola.
Logo, no seu taller, elaborou outras obras. Entre elas temos Tino Prados, Rafael Alberti e peregrinos de escaiola (estes últimos a partir do ano santo compostelán de 1982).
Parella, Home e Cara foron feitas na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo