Os debuxos máis antigos foron realizados na academia de Rafael Estrada a principios dos anos corenta do século pasado. Consérvanse os datados en 1942 e 1943. A esa academia acudiron varios artistas lugueses do século XX, de gran calidade humana e artística: Pacios, López Guntín, Cancio, Blas Lourés e Tino Prados.

Preséntanse nesta páxina outros debuxos e traballos, moitos elaborados no seu paso pola Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. Tamén se mostran esbozos que logo foron plasmados en esculturas de madeira.

Estes son os debuxos realizados na academia de Rafael Estrada, na década dos anos 40 do século pasado

Moitos dos seguintes debuxos e traballos foron realizados na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Lugo

Para preparar algunhas esculturas Peinó realizaba esbozos como os que se reproducen a continuación