Moitas das pezas presentadas foron realizadas por Luis Ferreiro Peinó nos seus anos de estudo na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Lugo. Segundo afirmou en varias entrevistas, elixiu a especialidade de Cerámica para aprender a dominar outras técnicas artísticas. Nunha ocasión preguntáronlle cando se podería ver unha exposición súa de cerámica ao que Peinó contestou “eso está un poco lejos”.

Peinó empregaba o barro para o estudo previo das esculturas máis importantes ou nas que andaba na procura da mellor forma de plasmalas en madeira.

Esbozo en barro (22x8x17 cm) dunha escultura que realizou posteriormente en madeira, probablemente Parolando (I etapa)