Todo o que tes que saber

Onde é a exposición?

A exposición pode visitarse no Centro Sociocultural O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n, Lugo).

En concreto, as obras de Peinó atópanse no 1º andar en nove das antigas celas de mulleres.

Entre que datas está dispoñible?

Entre o 3 de novembro de 2021 e o 17 de febreiro de 2022, ambos os dous inclusive.

Inicialmente estaba previsto que rematase o 7 de xaneiro.

En que horario?

Domingo a mércores: 11-14h e 17-20:30h.

Xoves, venres e sábado: 11-14h e 17-22:30h.

Porén, poden sufrir modificacións en función do avance da pandemia. Para asegurarse cómpre visitar a sección dos horarios na web do Vello Cárcere.

Que vou atopar?

Sobre todo, unha selección de esculturas en madeira de Luis Ferreiro Peinó.

Ademais, obras noutras técnicas e materiais, documentos biográficos e materiais complementarios.

A entrada é de balde?

Si.

Podo levar un recordo da exposición?

Si. No mostrador da entrada pódese solicitar un tríptico e un folleto.

Ligazóns de interese

Cartel da exposición
Portada do tríptico

Entrevista no Zigzag (TVG)

Grande acto de lembranza a Peinó