Exposición de tallas en madera de Luis Ferreiro Peinó

Deputación Provincial de Lugo, do 31 de maio ao 10 de xuño de 1968

É a primeira exposición individual de Luis Ferreiro Peinó. Realízaa cando levaba xa dez anos participando en certames e nalgunha mostra colectiva. Inicialmente estaba programada até o 7 de xuño, pero grazas á prensa sabemos foi prorrogada tres días.

Portada e contraportada do catálogo
Varias das obras expostas
(Foto: Vega, en El Progreso, 02/06/1968, p. 2)
Relación de obras que expoñía Peinó

Exposición de esculturas de Luis Ferreiro Peinó

Deputación Provincial de Lugo, do 1 ao 8 de febreiro de 1975

No Paraninfo da Deputación Provincial de Lugo ten lugar a segunda exposición individual. Presenta esculturas de grande, mediano e pequeno formato, tal e como se pode observar nas imaxes.

Portada do catálogo
Relación de obras expostas
Información sobre a obra de Peinó (I)
Información sobre a obra de Peinó (II)
Ferreiro Peinó (esquerda) e dúas visitantes
Foto aérea da exposición
Ferreiro Peinó (segundo pola esquerda) charla con algunhas persoas
Algunhas esculturas que conforman a exposición
Varias persoas contemplan as esculturas de Peinó

Esculturas. Luis Ferreiro Peinó

Deputación Provincial de Lugo, do 13 ao 20 de decembro de 1977

Trala celebración do Bimilenario da cidade de Lugo en 1976, o artista expón a súa nova obra cunha clara evolución no seu estilo, aínda que presenta algunhas pezas da etapa anterior. No catálogo pódense observar debuxos dalgunha das súas novas obras.

Portada do catálogo, co debuxo da aguia presente en Homenaxe a Lucus Augusti (1976)
Interior do catálogo, con As tres e sereo!, Familia e Cariña de lúa (ca. 1975-1977)
Contraportada do catálogo

Mostra antolóxica de Esculturas (Lugo)

Deputación Provincial de Lugo, do 25 ao 30 de abril de 1980

Nesta exposición presenta unha escolma do seu labor na denominada Mostra antolóxica de Esculturas. Insírese no catálogo unha crítica de José Trapero Pardo, que foi cronista oficial de Lugo, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega, director do Museo Provincial de Lugo e tamén dos xornais La Voz de la Verdad e El Progreso.

Portada e contraportada do catálogo
Interior do catálogo

Mostra antolóxica de Esculturas (Begonte)

Teleclub e centro cultural, do 13 de decembro de 1980 ao 18 de xaneiro de 1981

No marco das actividades culturais arredor do Belén de Begonte, Luis Ferreiro Peinó expón as súas tallas. Na capa do catálogo aparece unha das súas obras máis emblemáticas desta etapa: Familia.

Portada e contraportada do catálogo
Interior do catálogo
Cartel coas actividades do Nadal de Begonte

Mostra antolóxica de Esculturas (O Páramo)

Do 7 ao 10 de xuño de 1981

No Páramo, dentro das Feiras e Festas de Primavera, Luis Ferreiro Peinó realizou a súa derradeira exposición individual.

Portada e contraportada do catálogo
Varias obras expostas
(El Progreso, 09/06/1981, p. 10)
Interior do catálogo

Exposición de homenaxe

Círculo das Artes de Lugo, do 3 ao 13 de novembro de 2004

Esta mostra estivo organizada pola Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón por mor do pasamento do escultor. Ademais da exposición, editouse un coidado e amplo catálogo sobre a súa obra.

Portada do catálogo
Contraportada do catálogo
Páxinas 1 e 2 do catálogo
Páxinas 3 e 4 do catálogo
Páxinas 5 e 6 do catálogo
Páxinas 25 e 26 do catálogo
Valle Inclán inacabado (ca. 1981-), Boa esperanza (ca. 1975-1977), Joven estilizada (ca. 1975-1977), Maruxa (ca. 1978-1980) e Imaxinación ceibe (ca. 1968-1970)
Seducción (ca. 1968-1970) e La madre tierra no discrimina a sus hijos (ca. 1972-1973)
Valle Inclán (ca. 1975-1977), Humanidade I (ca. 1970-1975) e Y la vida seguirá (ca. 1970-1975)
Banco do escultor xunto a varias ferramentas, esculturas e escaiolas
Vista xeral da exposición
Outra vista xeral da exposición

Peinó 100. Luis Ferreiro Peinó no seu centenario

O Vello Cárcere de Lugo, do 3 de novembro de 2021 ao 17 de febreiro de 2022

As obras de Peinó volven expoñerse dezasete anos despois aproveitando a efeméride do seu centenario, esta vez no Centro Sociocultural O Vello Cárcere de Lugo. A mostra puido visitarse no 1º andar das antigas celas de mulleres entre o 3 de novembro de 2021 e o 17 de febreiro de 2022 (inicialmente, 7 de xaneiro).