A primeira exposición individual de Peinó (1968)

Varias das obras expostas
(Foto: Vega en El Progreso, 02/06/1968, p. 2)

Levaba trinta anos tallando, doce esculpindo e dez presentando obras en exposicións colectivas, pero non foi até o 1968, con 47 anos acabados de facer, cando Luis Ferreiro Peinó expuxo por primeira vez de xeito individual.

Fotografía de Peinó que aparece en Faro de Vigo e El Progreso

Es la labor de varios años, realizada sin prisa, cuando surgía la inspiración o el motivo.
Luis Ferreiro Peinó en Faro de Vigo (08/06/1968, p. 19).

A mostra titulouse Exposición de tallas en madera de Luis Ferreiro Peinó e estivo aberta ao público do 31 de maio ao 10 de xuño na Deputación Provincial de Lugo, espazo que acollerá a maioría das súas exposicións individuais. Inicialmente estaba programada até o 7 de xuño, pero foi prorrogada tres días.

Portada e contraportada do catálogo

A esta exposición presentou 50 obras, unha cantidade considerable se temos en conta que, aproximadamente, tallou unhas 200 esculturas ao longo da súa carreira. Preguntado por Faro de Vigo, seleccionou Paisana, Pan e cultura e Parolando como as súas favoritas de entre as expostas.

Peinó explicou en varias entrevistas os temas que pretendeu reflectir.

Son una combinación sobre el primitivo expresionismo y alma de Galicia, principalmente.
Luis Ferreiro Peinó en La Voz de Galicia (19/05/1968).

Personajes populares, típicos de nuestra región. Yo soy gallego —lucense para más señas—, y pretendo reflejar en mis obras el alma de mi tierra.
Luis Ferreiro Peinó en Faro de Vigo (06/08/1968, p. 19).

Das 50 obras expostas, temos identificadas preto de 15, que son as que seguen (na páxina das esculturas da I etapa pódese consultar máis información sobre elas).

NAS LLAMAS
Anterior ao 1968
Madeira
VELLA SENTADA
Anterior ao 1968
Madeira de ameneiro
35x35x75 cm
FILLOS DA BOMBA ATÓMICA
OU HERENCIA NUCLEAR
Anterior ao 1968
Madeira de castiñeiro, carballo e cerdeira
12x12x26 cm
CRUCIFICADO
Anterior ao 1968
Madeira
Foto: Villarabid en El Progreso (04/04/1994)
PAISANA
Anterior ao 1968
Madeira
O DO CHISQUEIRO
Anterior ao 1968
Madeira
5x2x15 cm
VELLA DA ESCOBA (esquerda) e PAISANO (dereita)
Anteriores ao 1968
Madeira
PAN E CULTURA? A DO CAN? MATERNIDADE?
Anteriores ao 1968
Madeira
A DO POTE
Anterior ao 1968
Madeira
Foto: Vega (El Progreso)
PAROLANDO?
Anterior ao 1968
Madeira
Foto: Vega (El Progreso)

As restantes seguramente foron vendidas e descoñecemos a súa localización actual, pero grazas ao catálogo da exposición si sabemos os títulos. Dalgunhas delas tamén temos fotografías, pero non sabemos exactamente con que título se asocian.

TÍTULO DESCOÑECIDO
Anterior ao 1968
Madeira
TÍTULO DESCOÑECIDO
Anterior ao 1968
Madeira
TÍTULOS DESCOÑECIDOS
Anos 60
Madeira
Interior do catálogo

De feito, o artista afirmou nunha entrevista concedida a El Progreso, “pienso que voy a venderlo todo”, o cal probablemente conseguiu en boa medida, ben nesta exposición, ben nas inmediatamente posteriores (1975 e 1977), ben no seu taller. Para o escultor os prezos eran asequibles e non chegaban a cubrir todo o esforzo que había detrás.

Para mí, muy baratas. ¡Hay que ver lo que cuesta hacer una talla!; es un trabajo de imaginación que puede estar mejor o peor logrado, pero que el artista pone toda su alma en la labor y que agota, créamelo usted.
Luis Ferreiro Peinó en El Progreso (02/06/1968, p. 2).

Habrá quien pueda pensar que sí, pero, en realidad, créame, el precio no paga el trabajo, dejando ya aparte que se trata de creaciones exclusivas, fruto de la inspiración de un artista.
Luis Ferreiro Peinó en Faro de Vigo (06/08/1968, p. 19).

Foto: Faro de Vigo (06/08/1968, p. 19)

As críticas foron boas en xeral e consideraron a Peinó un artista cunha obra interesante e digna de ser visitada, especialmente polos seus temas. Ao mesmo tempo, varios xornalistas tamén sinalaron algunhas eivas na técnica, pero animaron o escultor a seguir mellorando. Lembremos que Ferreiro Peinó non tivo mestres.

Ferreiro Peinó no es detallista, si acaso tosco en sus maneras de hacer y de concebir, pero, sin embargo, ofrece una exquisita sensibilidad para acertar con los gestos y las posturas. Posiblemente en su obra haya un mucho de caricatura, de figuración, pero tiene el encanto de que sus motivos son todos, absolutamente, motivos de nuestra tierra. Hombres y mujeres, a escala reducida, que realmente son los mismos hombres y mujeres de nuestros campos, de nuestras aldeas. En alguna de sus tallas se ha atrevido con la policromía y también ella como ocurre con el resto de las tallas, es fuerte y sin detalle.
Rivera en El Progreso (02/06/1968, p. 2).

Trapero Pardo en El Progreso (09/06/1968, p. 3)

Ata o 1981, ano en que desenvolveu a súa última exposición individual en vida, Peinó presentou outras cinco mostras en solitario: na Deputación de Lugo (1975, 1977 e 1980), en Begonte (1980-1981) e no Páramo (1981).


Para máis información…

Consulta todas as esculturas da I etapa.

Le as entrevistas a Peinó na prensa.

Accede aos artigos sobre Peinó na prensa.

Coñece as exposicións individuais de Peinó.

Le noticias na prensa sobre as exposicións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará